lugones

lugones
s m pl [ETN/HIST]

Pobo prerromano da Gallaecia, do Convento Xurídico Astur. Os estudios e as diversas fontes localizan o seu poboamento en dúas áreas, unha na parte oriental de Asturias na fronteira cos cántabros, e outra ao S da actual provincia de León e ao L do río Órbigo.