Luís/Luísa

Luís/Luísa
[ONOM]

Antropónimo xermánico que procede da latinización medieval dun primitivo Hlodwig ou Hlodowig, documentado xa no s V, composto de hlod ‘gloria’ e wig ‘batalla’. Presenta a variante Lois e os hipocorísticos Lucho/Sisa. Houbo moitos reis europeos que levaron este nome, sobre todo de Francia. O rei Luís IX (1214-1270) foi canonizado e a súa festividade celébrase o 25 de agosto, san Luís Gonzaga (s XVI) celébrase o 21 de xuño e santa Luísa de Marillac de París (s XVII), discípula de san Vicenzo de Paul e fundadora da congregación Fillas da Caridade, o 15 de marzo.