lume
(< lat lumĭne)
-
s
m
Chama dunha substancia en combustión, que desprende luz e calor. Considerouse tradicionalmente como un dos criterios fundamentais para identificar os homes, xunto coa fabricación de ferramentas. Os primeiros restos de homínidos que presentan unha posible vinculación ou coñecemento do lume remóntanse ata hai 1 millón de anos, pero non foi ata o Homo erectus, (800.000 e 300.000 a C) cando se probou o emprego do lume en xacementos de Hungría e China. O seu uso permitiulle ao Homo habilis ampliar a súa distribución por rexións en que antes non podía vivir debido ás baixas temperaturas. O feito de que o descubrise o home e de poder ser reactivado, deulle un carácter humano-divino que foi expresado en mitos como o de Prometeo. Os rituais do lume reflectíronse en diversas relixións e perduraron no cristianismo e no islamismo. Invócase como protector e purificador e, en moitos lugares, recibe pregarias e flores sobre el. Na Pascua faise o lume novo, que representa a Cristo resucitado, orixe da luz, mediante unha fogueira no adro da igrexa. As brasas, remois ou tizóns bendicidos lévanse á casa para acender a lareira. A persoa máis vella da familia é a encargada de acender o lume novo e de rezar oracións a carón del para invocar a boa sorte. Os anacos sen queimar gárdanse nun recanto da lareira ou na gramalleira para escorrentar as treboadas e os tronos. O lume tamén ten poder purificador nos ritos pagáns. Na véspera de San Xoán realízanse en toda Galicia caharelas para arredar os perigos ao saltar por riba delas.
-
s
m
Materia en combustión. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moitas olas ao lume, e un garavanzo a cocer. Onde hai lume hai fume. Onde houbo lume, borralla queda. Se o lume está onde a estopa, vén o demo e sopra”.
Confrontacións: fogo. -
s
m
Chama non controlada dunha substancia en combustión que se propaga a gran velocidade e que se caracteriza por elevacións de temperatura anormalmente rápidas, emisións de gases tóxicos e efectos destrutivos.
-
s
m
Conxunto de materiais combustibles amoreados para queimar.
Sinónimos: cacharela, fogueira. -
s
m
Foco de calor onde se fai de comer.
-
s
m
Casa ou fogar dunha familia.
-
s
m
Luz, brillo ou resplandor que emana de algo ou de alguén.
Ex: Quedou enfeitizado polo lume da súa ollada.
-
s
m
Paixón ou entusiasmo con que se fai algo.
Ex: De novo todo el era lume.
Frases feitas
-
A lume de biqueira/carozo. Con rapidez.
-
Botar leña ao lume. Provocar a discordia entre persoas.
-
Botar lume polos ollos. Estar alguén moi furioso.
Refráns
- A casa sen lume e sen labarada semella corpo sen alma.
- a lume axuda ao cociñeiro.
- a lume é peor cós ladróns, que non deixa nada e todo o arrapaña.
- a lume preto da estopa: vén o demo e sopra.
- a lurne hai que saber atizalo sen queimarse.
- a vello palleiro, cando se acende, arde todo enteiro.
- ande hai cañotos ao lume, hai fume.