Lunakhod
Lunakhod
[COSMON]
Serie de vehículos lunares soviéticos accionados por control remoto, destinados a explorar a superficie lunar sen a presenza do home. O Lunakod 1, que foi lanzado en 1970 no Luna 17, operou máis de 10 meses durante os días lunares. Inspeccionou unha área de 80.000 m2, analizou o solo lunar e enviou unhas 20.000 fotografías á Terra. O Lunakhod 2 foi lanzado en 1973.