Lunik

Lunik
[COSMON]

Serie de satélites artificiais e sondas lunares, constituída por tres enxeños cósmicos, lanzada pola URSS en 1959, destinada a efectuar o estudo da Lúa. O Lunik 1 converteuse, o 4 de xaneiro de 1959, no primeiro ‘planeta’ artificial, e pasou a uns 6.000 km da Lúa. Duns 360 kg, estaba equipado de aparatos destinados a analizar o espazo circunterrestre e circunlunar e de emisoras capaces de transmitir informacións á Terra. O Lunik 2 foi o primeiro obxeto fabricado polo home que, o 14 de outubro de 1959, conseguiu chegar á Lúa, preto do circo de Arquímedes. O Lunik 3 marcou unha data importante na astronáutica, ao conseguir fotografar a cara invisible da Lúa, o 6 de outubro de 1959, fotografías que foron transmitidas á Terra o 27 de outubro.

Palabras veciñas

lunel | Lünen | lunguiño | Lunik | lunisolar | luns | lúnula