Lurdes, Nosa Señora de

Lurdes, Nosa Señora de
[ONOM]

Advocación que ten a súa orixe na aparicións en 1858 da Virxe a Bernardette Soubirous, unha rapaza de 14 anos, en dezaoito ocasións distintas, nunha cova en Lourdes. Admitida a realidade das aparicións polas autoridades eclesiásticas, autorizouse o culto público, fixada o 11 de febreiro, a toda a Igrexa Católica. En 1876 construíuse unha basílica sobre a cova, en 1891 León XIII instituíu a festa e en 1907 Pío X estendeuna a toda a Igrexa. Na iconografía represéntase como unha Virxe nova, vestida con túnica e manto brancos e cun rosario nas mans en actitude orante. Aos seus pés aparece unha rapaciña axeonllada. A súa festividade celébrase o 11 de febreiro.

Palabras veciñas

Luque | lura | Lurdes | Lurdes, Nosa Señora de | lureira | lureiro -ra | luria