lutecio
lutecio
(< lat Lutetĭa, topónimoLutecia)
s
m
[QUÍM]
Derradeiro elemento da serie dos lantánidos, de número atómico 71 e peso atómico 174,97. Actúa co número de oxidación de +3. Os seus sales son incoloros e diamagnéticos e en solución dá unicamente ións trivalentes. En 1906 foi descuberto independentemente por G. Urbain, que o denominou lutecio, e por Auer von Welsbach, que o denominou casiopeo.