luvio -via

luvio -via
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos luvios ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo luvio.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo indoeuropeo establecido nas rexións occidentais de Anatolia cara a 2300 a C, onde constituíu diversos reinos á beira do Mar Exeo. Vasalos dos hititas, entre 1400 e 1200 a C penetraron no N de Siria.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum indoeuropeo, moi próxima ao hitita, que falaban os luvios. Consérvase nalgunhas inscricións encontradas en Boǧazköy.

Palabras veciñas

luva | luvárido -da | Luvarus | luvio -via | luvita | lux | Lux