Luxor

Luxor

Templo exipcio de época faraónica, construído durante a dinastía XVIII, situado no pobo moderno do mesmo nome, na beira oriental do Nilo. É a obra capital da arquitectura do Reino Novo e a súa construción débese a Amenofis III e Ramsés II. Orixinalmente estaba unido a Karnak por unha vía de esfinxes. A parte do templo construída por Ramsés II comprende un obelisco de 25 m, un gran pilono, un patio e tres pequenas capelas consagradas á tríade tebana formada por Amón, Mut e Khonsú. As construcións de Amenofis II constan dun pilono, unha columnata, un gran patio, a sala hipóstila, a primeira e a segunda antecámaras e o santuario da barca de Ammón. Aquí comeza a parte do santuario de Amón, inaccesible ao público en época antiga, rodeado de cámaras decoradas de relevos pintados.

Palabras veciñas

luxón | Luxor | Luxor | Luxor | luxoria navis* | luxoso -sa | luxuria