Luz y Sombra
Luz y Sombra
[PUBLIC]
Xornal publicado en Santiago de Compostela entre o 8 de maio de 1892 e o 6 de outubro dese mesmo ano. Editado baixo o subtítulo “Periódico semanal, literario e artístico”, o seu director foi posiblemente Maximino Rodríguez. De carácter humorístico e satírico, a publicación redactouse en castelán, con colaboracións de Labarta Pose, Lisardo Rodríguez e Manuel Núñez.