manter

manter

(< lat manu tenēre)

  1. v t

    Proporcionar alimento a unha persoa ou animal.

    Ex: Mantén os porcos con penso e fariña.

    Sinónimos: alimentar.
  2. v t

    Custear a alguén os medios necesarios para vivir.

    Ex: Teño que traballar para manter a miña familia.

  3. v t

    Facer que unha cousa permaneza nun determinado estado, que non se altere ou que non desapareza.

    Ex: A pesar do meu éxito teño que procurar manter os pés sobre a terra.

  4. v t

    Ter unha actitude ou facer unha acción con continuidade.

    Ex: Manteño correspondencia co teu irmán.

  5. v t

    Defender ou soster unha idea ou opinión.

    Ex: Eu sigo mantendo a miña teoría sobre o seu comportamento.

  6. v t

    Soster algo para que non caia ou non se mova.

    Ex: Mantén a chaqueta en alto mentres a cepillo.

  7. v i

    Servir de alimento ao organismo.

    Ex: A comida que comes ti non mantén nada e ademais engorda.

  8. v pron

    Tomar alimento.

    Ex: Miñas irmás mantéñense de froita e verduras.

  9. v pron

    Proporcionarse o necesario para vivir.

    Ex: Xa hai tempo que me manteño eu só.

  10. v pron

    Atoparse alguén na mesma situación ou estado en que xa estaba.

    Ex: Aínda que está moi bébedo segue manténdose de pé.

Palabras veciñas

mantenta, á | mantenza | manteo | manter | mántica | mántico -ca | mantido -da
Conxugar
VERBO manter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
manteño
mantés
mantén
mantemos
mantedes/mantendes
manteñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mantiña
mantiñas
mantiña
mantiñamos
mantiñades
mantiñan
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mantiven
mantiveches
mantivo
mantivemos
mantivestes
mantiveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mantivera
mantiveras
mantivera
mantiveramos
mantiverades
mantiveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
manterei
manterás
manterá
manteremos
manteredes
manterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mantería
manterías
mantería
manteriamos
manteriades
manterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
manteña
manteñas
manteña
manteñamos
manteñades
manteñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mantivese
mantiveses
mantivese
mantivesemos
mantivesedes
mantivesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mantiver
mantiveres
mantiver
mantivermos
mantiverdes
mantiveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mantén
-
-
mantede
ou
mantende
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
manter
manteres
manter
mantermos
manterdes
manteren
Xerundio mantendo
Participio mantido
mantida
mantidos
mantidas