Margarida de Cortona, santa

Margarida de Cortona, santa

(Alviano 1247 - Cortona 22.2.1297) Relixiosa franciscana. Fundou un hospital para pobres en Cortona e levou unha vida de sacrificio e penitencia. Na iconografía viste hábito de franciscana. O seu atributo persoal é un can que ás veces lle tira do hábito. A súa festividade celébrase o 22 de febreiro.