María Exipcíaca, santa
María Exipcíaca, santa
(Exipto 345? - Palestina 421) Penitente. Convertida ao cristianismo despois de ter unha visión en Xerusalén, retirouse a vivir no deserto durante 47 anos. O seu sepulcro, en Palestina, foi moi visitado no s VI. A súa festividade celébrase o 2 de abril.