meu, miña

meu, miña

(< lat meu, mea)

  1. (Madrid 1809 - València 1865) Relixiosa. Fundou a congregación de monxas adoratrices ou escravas do Santísimo Sacramento e da Caridade. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.

  2. pos

    Expresa posesión, propiedade ou pertenza.

    Ex: Este é o meu libro. A miña casa é a da esquerda. As miñas saias son vermellas.

  3. pos

    Expresa aquilo ao que eu pertenzo.

    Ex: El é da miña promoción.

  4. pos

    Expresa relación afectiva ou familiar.

    Ex: O meu Lois é médico. Meu fillo, non chores máis. Meu pobre! OBS: Tamén se usa a expresión substantivada os meus, inmobilizada en masculino plural, co significado de ‘a miña familia ou os máis achegados’. Ex. Teño morriña dos meus.

  5. pos

    Expresa o que eu prefiro ou o que me é propio segundo os estudos, traballo ou actividade.

    Ex: O meu pintor é Luís Seoane. A miña estación é o outono.

  6. pos

    Expresa aquilo do que eu me sirvo.

    Ex: O meu tren sae ás cinco.

  7. pos

    Expresa o lugar onde eu traballo ou estudo.

    Ex: O meu traballo queda a dez minutos da praza de abastos. A xente da miña facultade era a máis revolucionaria.

  8. pos

    Expresa algo que me está dedicado ou reservado.

    Ex: O próximo baile é meu, non vaias bailar con outra.

  9. pos

    Expresa o que me é habitual ou característico.

    Ex: Despois de comer, a miña sesta é sagrada.

  10. pos

    Expresa valor enfático cando vai acompañando cantidades ou numerais.

    Ex: Xa corrín os meus vinte quilómetros. Aínda que che pareza mentira, xa che teño os meus trinta anos.

  11. pos

    Expresa afecto, cariño, acatamento, etc cando me dirixo a alguén.

    Ex: Que tes, miña rula? Meu Deus, axúdame. Como vostede diga, meu capitán.

  12. pos de meu
    1. Expresa a propiedade plena de maneira marcada en construcións que manifestan ese significado, acompañando substantivos que se refiren a ‘propiedade alienable’, como casa, terras, coche e vacas.

      Ex: Xa teño coche de meu.

    2. Expresa que os feitos, calidades ou características que se mencionan correspóndenlle totalmente a algo ou a alguén.

      Ex: Este mal xenio é de meu. OBS: A forma de meu con estes significados sempre se presenta inmobilizada en masculino singular.

  13. meu

    oz que se emprega coloquialmente  cando se quere chamar a atención de alguén ou falar directamente con el.

    Ex: Escoita, meu. Que che pasa, meu?

  14. o meu
    1. Expresa o que me é propio ou natural.

      Ex: O meu non é cantar. Agora estou en baixa forma, pero axiña hei volver ao meu.

    2. Expresa o que me corresponde.

      Ex: Eu xa traballei o meu. OBS: Ás veces pode adquirir valor adverbial co significado de ‘de abondo ou boa cantidade’. Ex. Eu comer comín o meu, pero ti non deixaches nada no prato. Outras veces aparece con valor cuantitativo con algúns verbos intransitivos. Ex: Aínda que non tiña ganas de ir, eu xa corrín o meu. OBS: A forma meu(s) pronúnciase nalgúns lugares con [e] e noutros con [ε], sen límites dialectais precisos para unha e outra pronuncia.

Frases feitas

  • As miñas. Os problemas, traballos ou penalidades que me corresponden. Ex: Eu xa pasei as miñas coa enfermidade de meus avós.

  • Facer das miñas. Facer eu cousas propias, xeralmente negativas. Ex: Eu xa fixen das miñas na cociña.