milenario -ria

milenario -ria

(< lat millenarĭu)

  1. adx
    1. Que ten mil anos.

      Ex: Nese bosque hai unha árbore milenaria.

    2. Que ten máis de mil anos.

      Ex: A cultura milenaria dese pobo é moi rica en elementos mitolóxicos.

  2. s

    Data en que se cumpre un milenio de algo.

    Ex: Para o milenario do descubrimento de América aínda quedan máis de catro séculos.

  3. s [RELIX]

    Persoa que pertence ao grupo dos que crían que a fin do mundo ía acontecer no ano mil da era cristiá.

Palabras veciñas

Milcíades, san | milco | milde | milenario -ria | milenarismo | milenarista | milenio