Minia de Brión, santa

Minia de Brión, santa

(? - Roma 362) Mártir romana. Déuselle morte baixo o imperio de Xuliano, e os seus restos foron sepultados nas catacumbas de Santa Inés. En 1804 o seu cadáver foi exhumado e en 1848, un emigrante da Amaía, Luís Tobío, retornou a Galicia traendo consigo as reliquias. Nun principio foron depositadas na sancristía da igrexa parroquial de San Fins de Brión, para posteriormente trasladalas a un templo dedicado á súa honra. Iconograficamente representase como unha rapaza nova vestida co traxe das doncelas patricias. É a patroa de Brión. A súa festividade celébrase o 26 e o 27 de setembro.

Palabras veciñas

Minho | mini- | Minia | Minia de Brión, santa | miniar | miniatura | miniaturista