minimalismo
(< ingl minimalism)
-
s
m
[ARTE]
Tendencia artística orixinada durante a década de 1960 en EE UU, como reacción á emocionalidade e subxectividade propias do expresionismo abstracto. O termo empregouno por vez primeira Richard Wollheim no Art Magazine, en 1965, para designar unha tendencia caracterizada pola impersonalidade e a redución das formas a estados mínimos de orde e complexidade. Desenvolveuse especialmente nos campos da pintura e da escultura, traballando con estruturas matemáticas e xeométricas, materiais industriais e cores planas. Tamén se denominou arte reducionista ou cool art. Destacaron Carl André, Donnald Judd, Dan Flavin, Sol Le Witt ou Robert Morris. OBS: Tamén se denomina minimal art.
-
s
m
[MÚS]
Expresión inventada por Michael Nyman para designar a estética musical baseada na repetición sistemática dunha pequena estrutura melódica e rítmica tonal que se vai transformando gradualmente. Considérase a Philip Glass o pioneiro deste estilo.