motocróss

motocróss

(< moto- + cross)

s m [DEP]

Carreira motociclista de velocidade disputada en terreo accidentado. Os obstáculos están formados por desniveis, ramplas e camiños enlamados, de xeito que só unha décima parte do percorrido sexa transitable. As motos empregadas polos pilotos posúen gardalamas moi separados das rodas e guiador alto, con rodas provistas de tacos de goma para facilitar a adherencia. As probas comprenden dúas series en cada sesión, e as categorías recoñecidas son as de 125 cm3 e 250 cm3.

Palabras veciñas

motociclismo | motociclista | motociclo | motocróss | motocultor | motomodelo | motón