Macarena

Macarena
[ONOM]

Antropónimo feminino que procede da advocación mariana de Nosa Señora da Esperanza, que na tradición popular recibe a denominación de a Macarena dado que a súa imaxe se venera na igrexa de San Xil, no barrio sevillano da Macarena. A súa festividade celébrase o 18 de decembro.