Macedonio/Macedonia
Macedonio/Macedonia
[ONOM]
Antropónimo que procede do nome persoal grego Makedonios, latinizado en Macedonius (‘natural de Macedonia’). Destacan con este nome os santos san Macedonio (s II), fillo de san Fileto e mártir en Iliaria, celebrado o 13 de marzo, e san Macedonio (s IV), mártir en Nicomedia, celebrado o 12 de setembro.