macela

macela

(< mazá)

  1. [PLANTA]
    1. s f

      Nome que reciben diversas especies dos xéneros Anacyclus, Anthemis, Chamaemelum e Matricaria, da familia das asteráceas.

    2. macela brava [Anthemis arvensis, Fam das asteráceas]

      Planta herbácea anual ou bianual, que presenta talos de ata 50 cm de altura, follas bipinnadas e flores dispostas en capítulos solitarios. Florece entre maio e agosto, e pode atoparse por toda Galicia.

    3. macela común [Matricaria chamomilla, Fam das asteráceas]

      Planta herbácea anual, de ata 60 cm de altura, que presenta talos glabros e erectos, follas alternas de cor verde intenso, divididas en lóbulos dentados e flores dispostas en capítulos redondos e froito en aquenio. Florece a partir da primavera en terreos secos e soleados e na marxe de camiños. É orixinaria de Europa. Emprégase como planta medicinal, principalmente polas súas propiedades dixestivas.

    4. macela dourada/galega [Chamaemelum nobile, Fam das asteráceas]

      Planta herbácea perenne, aromática, que presenta talos de ata 30 cm de altura, follas alternas oblongas, bi ou tripinnatisectas e flores dispostas en capítulo pedunculadas. Florece entre xuño e setembro nos prados. É moi utilizada en infusión como tónico estomacal.

    5. macela mariña [Matricaria maritima, Fam das asteráceas]

      Planta herbácea perenne, que presenta talos de ata 80 cm de altura, follas alternas bi ou tripinnatisectas e flores dispostas en capítulos. Florece entre xuño e outubro na beiramar de toda Galicia.

    6. macela tola [Anacyclus clavatus, Fam das asteráceas]

      Planta herbácea anual, de 20 a 50 cm de altura, con follas bipinnatipartidas, con capítulos de disco amarelo e lígulas brancas, e con froitos en aquenio. Medra nas beiras dos camiños e en terreos incultos da rexión mediterránea.

  2. s f

    Infusión medicinal que se fai cos capítulos florais da planta de macela, e que se toma como tónico estomacal.