maceración

maceración

(< lat maceratĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de macerar.

  2. s f [QUÍM]

    Operación que consiste en poñer en contacto cun líquido unha substancia orgánica (vexetal ou animal) para extraer os seus principios activos. O líquido da maceración pode ser auga ou unha mestura de alcohol e auga a temperatura ambiente, na que se une un ácido ou un álcali para facilitar a súa extracción. A maceración constitúe tamén a primeira etapa da lixiviación.

  3. s f

    Abrandamento e descomposición dos tecidos ou órganos en auga ou noutro líquido.

Palabras veciñas

Macenda, pazo de | Macendo | Macenta | maceración | macerado | macerador -ra | macerar