machado

machado

(< 3 macho)

  1. s m

    Ferramenta para cortar coa folla e o mango máis grande ca a machada, que normalmente se agarra coas dúas mans. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina machado, noutras desígnase coa forma feminina machada, e viceversa.

  2. s m [ARQUEOL]

    Ferramenta de pedra ou de metal que se utilizaba enmangada, para cortar ou fender. Os máis antigos atopados son do Neolítico, de pedra pulimentada. Nas culturas pertencentes á Idade do Bronce en Occidente, houbo unha evolución tipolóxica con tipos específicos como o machado de alvado ou de cubo, propio no Bronce Final galego, que se caracteriza polo alvéolo no que entra o mango da ferramenta, ou o machado de tope ou talón, da mesma época, diferenciado polos aneis que facilitan a suxeición a un mango.

Frases feitas

  • 2 loc adv De xeito forzado. OBS: Emprégase con verbos como facer.

  • 1 loc adv De xeito descoidado. OBS: Emprégase con verbos como cortar ou facer.

  • A machado

  • Ser bruto coma un machado. Ser moi bruto.