macromolécula
macromolécula
(< macro- + molécula)
s
f
[QUÍM]
Molécula de grandes dimensións formada por encadeamentos atómicos covalentes monodimensionais, bidimensionais ou tridimensionais. O peso molecular pode variar de 10.000 a algúns millóns. Coñécese un gran número de substancias macromoléculas naturais, como a celulosa, as proteínas, os virus, os diamantes e os silicatos. Poucas macromoléculas naturais foron sintetizadas, por contra, si se conseguiron numerosos materiais plásticos, fibras téxtiles sintéticas e elastómeros, que se obteñen por polimerización ou policondensación de monómeros. As propiedades físico-químicas das macromoléculas dependen da súa dimensión, da súa estrutura e das funcións químicas presentes na molécula.