mácula
mácula
(< lat macŭla)
-
s
f
Mancha de sucidade.
-
s
f
Falta ou erro que deshonra.
Sinónimos: mancha. -
s
f
[PAT]
Lesión elemental da pel que consiste nunha mancha plana, sen relevo, de tamaño, forma e cor variable.
-
s
f
[ASTRON]
mancha solar.
-
mácula acústica
[ANAT]
Cada unha das pequenas prominencias esbrancuxadas que destacan na superficie lisa do utrículo e o sáculo, onde rematan as ramificacións dos nervios utricular e sacular, respectivamente. OBS: Tamén recibe o nome de mancha cribosa.
-
mácula lútea
[ANAT]
Rexión central da superficie interna da retina, de cor amarela e de forma oval, cunha depresión central denominada fóvea. OBS: Tamén recibe o nome de mácula ou mancha amarela.