Madhya Pradesh
Madhya Pradesh
Estado de India (308.255 km2; 60.385.118 h [2001]). A capital é Bhopāl. Está situado no centro do país, ao N do Deccan. Inclúe a parte superior das concas dos ríos Narbadā e Mahānadī e está accidentado polos montes Mahādev e Maekal. O clima é monzónico, con veráns calorosos e invernos suaves. As principais cidades son Bhopāl, Indore, Gwalior e Jabalpur. A agricultura ocupa á maior parte da poboación e os bosques cobren un terzo da superficie do estado. Posúe explotacións de ferro, carbón, manganeso, bauxita e diamantes. Na industria destaca a cerería, as industrias mecánicas, de material eléctrico, do cemento, téxtiles e alimentarias.