Magalhães, nebulosas de

Magalhães, nebulosas de
[ASTRON]

Nome de dúas galaxias irregulares do ceo austral, próximas á Vía Láctea, descritas por primeira vez por F. Magalhães en 1519. A máis grande, chamada Gran Nebulosa de Magalhães, está situada na constelación da Dourada, a unha distancia de 170.000 anos luz, e semella unha galaxia espiral barrada en formación. A máis pequena, denominada Pequena Nebulosa de Magalhães, está situada na constelación do Tucano a unha distancia de 140.000 anos luz. Teñen máis de 3.000 cefeidas.   H. Leavitt deduciu a relación do período de luminosidade, de tal maneira que o coñecemento do período da estrela permite deducir a súa luminosidade intrínseca, que fai posible, por comparación coa luminosidade aparente medida, determinar a distancia á estrela.