magma
magma
(< gr μάγμα ‘pasta’)
-
s
m
[XEOL]
Masa que se atopa a alta temperatura (máis de 600°C) que ao arrefriar orixina as rochas ígneas ou magmáticas. Pode conter fases sólidas e gasosas. Segundo a súa composición, pode ser magma granítico (ácido, rico en SiO 2 ), ou magma basáltico (básico, pobre en SiO 2 ).
-
s
m
[QUÍM]
Suspensión dunha gran cantidade de precipitado nun pequeno volume de líquido.
-
s
m
Conxunto de gran número de cousas desordenadas e confusas.