Magnesia ou Magnesia de Tessalia

Magnesia ou Magnesia de Tessalia

Antiga rexión montañosa de Grecia que comprendía a parte oriental de Tessalia, a carón do Mar Exeo, desde o río Peneo ata o golfo de Pagases. As principais cidades eran Melibea, Boibe e Pagases. Os magnesios foron sometidos pola dinastía tessalia de Feres e máis tarde polos macedonios (s IV a C). Demetrio I de Macedonia o Poliorcetes fundou a nova cidade de Demetríada (293 a C), que foi unha poderosa praza forte dos macedonios ata que caeu en mans dos romanos (197 a C). Aliados coa Liga Etolia (191 a C) foron sometidos polos romanos en 168 a C.