magneto

magneto

(< lat magnēte < gr μάγνης-ετος)

s m [TECNOL]

Xerador de corrente alterna que se emprega en motores de combustión interna para producir a chispa de encendido, en que o indutor é un grupo de imáns permanente. Aplícase en motores pequenos, nalgúns automóbiles de competición e nos motores de aviación. OBS: Tamén se denomina prato magnético.