magnetoóptica
magnetoóptica
(< magneto- + óptica)
s
f
[FÍS]
Parte da física que trata da emisión, propagación e absorción da luz sometida á acción de campos magnéticos, e das aplicacións correspondentes. Dos fenómenos que constitúen os fundamentos da magnetoóptica, destacan o efecto Faraday, o efecto Zeeman, o efecto Voigt e o efecto magnetoóptico de Kerr.