Magnificat

Magnificat
[MÚS]

Canto que, segundo o Evanxeo de san Lucas, entoou a Virxe cando visitou a súa curmá santa Isabel despois da Anunciación. Leva este nome por ser a palabra latina coa que comeza (“Magnifĭcat anĭma mea Domĭnum”). A liturxia católica adoptouno como pregaria que se canta ao final das vésperas.