Magnus, efecto
Magnus, efecto
[FÍS]
Efecto polo que, se un cilindro xira ao redor do seu propio eixe e se somerxe no seo dunha corrente fluída uniforme de velocidade perpendicular ao eixe, o cilindro queda sometido a unha forza, cunha dirección que é perpendicular ao eixe e á velocidade da corrente, e o sentido é o que se obtén facendo xirar 90° (en sentido contrario ao da rotación do cilindro) o vector velocidade da corrente.