Maíndo, pazo de
Maíndo, pazo de
Construción situada en Couso (A Estrada). Con planta rectangular e dous andares, erixiuse dentro dun recinto amurallado, con dúas portas de acceso, unha con arco de medio punto e outra con arco apuntado. Pertenceu ao conde de Ximonde. Conserva o escudo con data de 1530, aínda que a construción é anterior.