Maio do 68
Maio do 68
Conxunto de revoltas estudiantís que tiveron lugar en Francia nos meses de maio e xuño de 1968 desencadeadas polo peche da Université Nanterre e pola irrupción da policía na Université La Sorbonne. Protestaban pola masificación universiaria, o estancamento político e polo conflito bélico de Vietnam (1964-1975). Inicialmente estiveron apoiados polos sindicatos, pero a actuación moderada da Confédération Générale du Travail (CGT), conseguiu o 25 de maio os acordos de Grenelle entre patróns e obreiros, e estes volveron ao traballo o 5 de xuño. De Gaulle conseguiu impoñer a súa autoridade despois das eleccións de xuño.