Máis Alá!

Máis Alá!
[LIT]

Manifesto en favor das vangardas artísticas e literarias galegas asinado por Álvaro Cebreiro e Manuel Antonio en 1922. Baseado no manifesto catalán de Joan Salvat-Papasseit, pretendía ser unha chamada á mocidade galega da época e unha mostra pública do pensamento dos asinantes. Cunha clara influencia futurista, centrouse no ataque contra os autores galegos que escribían en castelán, propugnou o establecemento dunha literatura nacional conformada por textos de carácter renovador e criticou a arte burguesa e o tradicionalismo. Malia os seus principios rupturistas, amosou certo conservadorismo fronte ao nihilismo doutros manifestos europeos. Distribuíronse uns 200 exemplares entre diversos intelectuais e revistas galegas, españolas e europeas.

Palabras veciñas

1 máis | 2 máis | Máis | Máis Alá! | Maisí, punta | Maiskij, Ivan | Maisky, Mischa