malatión

malatión
Nome científico: [S-[1,2-bis-(etoxi-carbonil)-etil]-O,O-dimetil-ditiofosfato:C<sub> 10</sub> H<sub> 19</sub> O<sub> 6</sub> PS<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM/AGR]

Composto organofosforado que actúa como insecticida de aplicación foliar ou no solo, activo por inxestión e contacto. Está autorizado en froitos, vides, cereais, plantas de horta e ornamentais, pastos e áreas forestais. A súa aplicación está limitada durante a época de floración dos froitos.