Malcolmia
Malcolmia
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das brasicáceas, que presentan talos peludos, follas alternas e oblongas, flores brancas ou lilas con sépalos formando un saco, dispostas en acios e froito en sílicua. Distribúese por Europa e na rexión mediterránea. En Galicia,atópase nos areais de beiramar a especie M. littorea, de follas oblongas e que florece entre abril e agosto.