malfadado -da
malfadado -da
(< 2 mal + fadar)
-
adx e s
Que ou quen ten mala sorte ou sofre desgracias con frecuencia.
Ex: Sempre foi unha rapaza malfadada, pobriña!. O malfadado volveu caer polas escaleiras.
Sinónimos: infeliz. -
adx
Que é causa dunha desgracia, que a constitúe ou que vai acompañado dela.
Ex: Aquel feito malfadado marcou toda a súa infancia.