malgaxe

malgaxe

(< fr malgache)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Madagascar, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Madagascar.

  3. s m [LING]

    Lingua da familia malaio-polinesia do phylum áustrico que se fala en Madagascar. O merina, unha das súas variedades, é lingua oficial desde 1820. Escrito en caracteres latinos, posúe un numeroso vocabulario do sánscrito, do árabe e do swahili, principalmente.