Malm

Malm
s m [ESTRATIG]

Parte superior do Xurásico, dunha idade comprendida entre 163 e 144 millóns de anos, onde predominaron as calcarias de cor clara, moitas delas cun gran moi fino. Subdivídese, do máis antigo ao máis recente, en Oxfordiano, Kimmeridxiano e Portlandiano.