maltaxe

maltaxe

(< malte)

s f [ALIM]

Operación de converter o orxo en malte. Os grans de orxo déixanse en remollo tres ou catro días e logo esténdense en locais acondicionados para que xerminen. Cando os xermes alcanzan o tamaño de grans, sométense a unha corrente de aire quente que fai que se separen uns dos outros. Os grans tórranse a 80°C ou a temperaturas superiores. Da fariña pouco torrada obtense a cervexa rubia, e da fariña moi torrada, a cervexa negra.

Sinónimos

Palabras veciñas

Malta, orde de | maltar | maltase | maltaxe | malte | malteado | maltería