Malvedo, pazo de
Malvedo, pazo de
Construción situada en Ribela (Coles). Ten planta en forma de U, de dúas alturas, construída en cantería de granito e o acceso faise por un portalón con arco de medio punto. Conserva un escudo na fachada, e na finca, hórreo, forno, fonte e pombal.