Malvinas, Guerra das
Malvinas, Guerra das
Enfrontamento bélico que tivo lugar en 1982 entre Reino Unido e Arxentina, por causa da soberanía sobre illas Malvinas, de titularidade británica desde 1833. As illas tiñan un interese estratéxico por ser escala do tráfico marítimo entre o Atlántico e o Pacífico. No aspecto militar, Reino Unido gañou o conflito, e no aspecto político provocou unha crise interna en Arxentina que implicou a caída da ditadura e a instauración no poder de Raúl Alfonsín.