mamba

mamba
s f [ANIMAL]

Serpe africana, de ata 3 m de lonxitude, que pertence ao xénero Dendroaspis, da familia dos elápidos, que se caracteriza por ser verde ou negra e cun gran maxilar. Posúe un forte veleno neurotóxico. Destacan a mamba verde (D. angusticeps) e a mamba negra (D. polylepis), considerada unha das serpes máis perigosas do mundo.

Palabras veciñas

Mamas, As | Mamasoa | Mamasunción | mamba | Mamberamo | mambo | Mambrú, canción de