mámoa

mámoa

(< lat mamula ‘tetiña’)

s f [ARQUEOL]

Monumento funerario propio do noroeste da Península Ibérica e característico do Megalitismo en Galicia, que tiña a función de servir de enterramento colectivo. Constituída por un amoreamento de terra, xeralmente de planta circular ou elíptica, acollía no seu interior unha anta ou dolmen. Adoitan estar cubertas de vexetación e atópanse principalmente nas zonas chás e altas. O imaxinario popular galego ten relacionado estas construcións megalíticas con mitos en que participan seres misteriosos, sobre todo mouros e mouras.

Sinónimos