1 mando
(< mandar)
-
s
m
Acción de mandar.
-
s
m
-
Poder de alguén para obrigar aos demais a que o obedezan.
Ex: Non me deas ordes que non tes mando sobre min.
-
Persoa ou colectivo que ten o poder ou a responsabilidade de mandar.
Ex: O mando do escuadrón deu a orde de atacar.
-
-
s
m
Carácter de quen ten a capacidade de mandar.
-
s
m
[AUTOM/TECNOL]
Conxunto de accións e instrucións para conseguir que un elemento mecánico, eléctrico ou electrónico dun aparato ou dun sistema realice unha determinada función. Poden ser dadas por un operador dunha maneira mecánica mediante pancas ou volantes (comandancia mecánica ou manual), ou ben poden ser realizadas sen a intervención humana (comandancia automática); cando a orde ou acción é transmitida a distancia, fálase de comandancia a distancia ou de telecomandancia, e cando chega a ser amplificada antes da súa aplicación, fálase de servocomandancia. Un tipo especial de comandancia é a numérica, que consiste en dar as instrucións segundo un código numérico rexistrado nunha cinta perforada ou nun disco magnético.
-
-
s
m
[AUTOM/TECNOL]
Cada un dos instrumentos que actúan sobre os mecanismos dunha máquina modificando algunha das súas características e que permiten a dirección e o control do funcionamento.
-
mandos de voo
[AERON]
Conxunto dos dispositivos que permiten accionar os temóns dunha aeronave para controlar o seu movemento. Nun avión convencional os mandos de voo son dous: a panca de control e os pedais de dirección. O aviador empuña a panca de control que ten dous movementos: un lonxitudinal que acciona o temón de profundidade ou de elevación (que controla o cabeceo do avión) e un lateral, de esquerda a dereita e á inversa, que acciona os aleróns (que controlan o balanceo do avión); e os pedais de dirección que accionan o temón de cola ou de dirección (que controla a guinada do aparato).
-
s
m
[AUTOM/TECNOL]