maneb
maneb
Nome científico:
[etilenbisditiocarbamato de Mn ou polímero do etil 1,2-bis ditiocarbamato de Mn]
s
m
[QUÍM/AGR]
Composto químico que pertence ao grupo dos ditiocarbamatos e que actúa como funxicida de acción foliar e mellora o aspecto dos cultivos a tratar. Está autorizado nun gran número de cultivos, tanto herbáceos como leñosos. Pode presentar problemas de fitotoxicidade nalgunhas variedades de pereira, cucurbitáceas e plantas do tomate. Tamén se aplica en tratamentos posteriores á colleita na desinfección de sementes para sementar.