1 manga

1 manga

(< lat manĭca)

  1. s f

    Parte do vestido, xeralmente de forma tubular, que cobre total ou parcialmente o brazo desde o ombreiro.

  2. s f
  3. s f
    1. Utensilio de tea para filtrar líquidos.

    2. Cono de papel ou tea dotado dunha embocadura, que se emprega para facer adornos coas cremas e purés nas preparacións de repostería e cociña.

    3. [QUÍM]

      Utensilio de tea de forma cónica que se emprega nos laboratorios químicos ou farmacéuticos para filtrar líquidos.

    4. Calquera tubo flexible encarado que serve para transportar substancias.

  4. s f [PESCA]

    Rede de forma tubular.

  5. s f

    Ferramenta que se compón dunha bolsa de tule ou de malla plástica fina e resistente, cosida a un aro metálico ou a un marco de madeira, cun mango. Serve para cazar bolboretas ou outros animais.

  6. s f

    Cada unha das partes en que se dividen certas competicións deportivas.

    Ex: O piloto galego gañou a segunda manga da carreira.

  7. s f

    Parte máis ancha dunha embarcación.

    Ex: O teu barco novo ten cinco metros de manga.

  8. s f [METEOR]

    Núcleo en forma de embude que vai desde a parte inferior dun cumulonimbo ata a superficie do mar ou dun lago. As paredes están formadas por pequenas gotas de auga e no interior a presión atmosférica é moi baixa. É habitual nos mares tropicais.

  9. manga de vento/anemoscópica [METEOR]

    anemoscopio.

Frases feitas

  • En mangas de camisa/de ca os loc adv Sen ningunha outra peza de roupa sobre a camisa.

  • Estar para gastar/romper unhas mangas novas 1 Estar ben conservada unha persoa maior.

  • Traballar a manga despregada. Traballar enerxicamente.

  • 2 Ser apetecible sexualmente unha persoa de certa idade.

  • Ser de/ter manga ancha. Permitir de máis.

  • Vivir de manga. Subsistir sen traballar á conta doutros.

Formas incorrectas

mango