mangbetu
mangbetu
-
adx
Relativo ou pertencente aos mangbetu ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo mangbetu.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo que habita as ribeiras do Uelé, afluente do Congo, na República Democrática do Congo. Dedícanse á agricultura, traballan a madeira, o coiro e o marfil e tamén son comerciantes. A súa organización social é moi complexa e fortemente xerarquizada.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum nilo-sahariano que fala o pobo mangbetu.